martes, 25 de septiembre de 2007

TRAYECTORIA Y CURRICULA (Gallego)

CAPRICCIO VOCALE


O trío Capriccio Vocale xurde en 1999 como consecuencia da amizade entre os seus compoñentes. A casualidade levounos a un reencontro despois de varios anos de desenvolvemento musical por separado. Está integrado por Olga Raíces (soprano), Fernando Enseñat-Berea (barítono) e Julián Jesús Pérez (piano).
O seu repertorio é diverso. Teñen interpretado programas de Lírica Galega, Canción Española de Concerto, Zarzuela e Cancións de Nadal. Como mostra da súa actividade, citamos os conciertos ofrecidos ata o momento:

“Os nosos poetas, a nosa música”.- Lírica Galega (La Coruña, 1 de abril de 2000), xunto ao Coro de Cámara de La Coruña

“Concerto de Nadal”.- (La Coruña, decembro de 2000), xunto ao Coro de Cámara de La Coruña

“Misa de Nadal”.- (La Coruña, 25 de decembro de 2000, 2001 y 2002). Parroquia Castrense de San Andrés

“Semana Jurídica Portuguesa”.- (Santiago de Compostela, 20 de abril de 2001) en el Pazo de Fonseca

“III Ciclo de Novos Intérpretes”.- (Santiago de Compostela, 14 de maio de 2001). Asociación Galega da Lírica “Teresa Berganza”

“Música Clásica de Outono”.- (Culleredo, 18 de outubro de 2001). Ciclo de Concertos organizado polo Concello de Culleredo

Recitais a beneficio de ADACECO - Asoc. de Dano Cerebral de La Coruña.- (La Coruña, 2002, 2003 y 2005)

“Ciclo de Música no Nadal”.- (La Coruña, Betanzos e Santiago de Compostela, Decembro de 2002). Colaboración na celebración do X Aniversario do Coro de Cámara de La Coruña, co apoio da Excma. Deputación Provincial

“Os Músicos Coruñeses cos damnificados pola Marea Negra”.- Colaboración no Concerto-Maratón organizado pola Asociación Galega de Compositores (La Coruña, 15 de febreiro de 2003)

“Concerto de Nadal”.- (Palencia, 27 de decembro de 2003). Asociación Musical “Amigos de los Clásicos”

“Concerto de Nadal 2004-2005”.- (La Coruña, 17 de decembro de 2004). Universidade da Coruña

“Recital de Canto”.- (Ortigueira, 8 de outubro de 2005). Concello de Ortigueira e Excma. Deputación da Coruña.

“Clásico Ciclo... y tú”.- (Pamplona, 27 de outubro de 2005) Concerto- Intercambio entre Asociacións de Navarra e Galicia (Ferrol, 19 de novembro de 2005). ASGAIM - Asociación Galega de Intérpretes de Música Clásica – baixo o apoio do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais)

“A Música de Salón”- II Ciclo de Concertos Didácticos da Universidade da Coruña.- (La Coruña, 18 de novembro de 2006). Universidade da Coruña

Concerto de clausura do Seminario “Pascual Veiga e a sua época” (Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2007). Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia

Concerto “X Aniversario Mando de Doctrina del Ejército de Tierra” (Granada, 23 de marzo de 2007). Palacio de Exposiciones y Congresos de Granada
Recital de Canto: "Lírica Galega e Zarzuela" (Vilagarcía de Arousa, 22 de setembro de 2007). Auditorio de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Rede Galega de Teatros e Auditorios e Concello de Vilagarcía de Arousa, baixo o apoio do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais)


LA PRENSA HA DICHO:
“UNA AMISTAD A TRES QUE ARRANCA APLAUSOS”

“Ayer lograron arrancar grandes aplausos del público reunido en una convocatoria más de la programación de la Rede Galega de Teatros e Auditorios. (...) Ayer demostraron en Vilagarcía que la combinación de sus artes tiene como resultado un gran espectáculo musical.”

L. B., Diario de Arousa, 23 de Septembro de 2007

“Los artistas mostraron su calidad interpretativa y se expresaron buscando suaves matices mediante la expresión y la regulación del volumen. El público aplaudió cada una de las obras y de manera especial al finalizar el concierto. (...) Es preciso reconocer – y el público así lo corroboró con su entusiasmo – que en este repertorio (Zarzuela) los tres intérpretes estuvieron particularmente acertados.”
Julio Andrade Malde, La Opinión, 20 de Novembro de 2006


“Capriccio Vocale” é unha expresión de amizade compartida, e mesmo o pracer de facer Música xuntos. Na actualidade traballa na renovación do seu repertorio.

OLGA RAÍCES, Soprano

Naceu en Caracas, Venezuela. Ós once anos de idade a súa familia regresa a Galicia e fixa a súa residencia en Santiago de Compostela. Nesta cidade iniciará a súa andaina musical no Conservatorio estudando canto e solfexo, e mesmo participará en agrupacións corais nas que pouco a pouco destacará e será reclamada para exercer papeis de solista.

Nun ansia de perfeccionar a súa técnica vocal, recibiu clases en Madrid das profesoras Ana Fernaud, Marimí del Pozo, Teresa Tourné e Inés Rivadeneira; tamén asistiu ós cursos de canto impartidos por Helena Lazarska en Santiago de Compostela.

En 1993 foi invitada a formar parte como soprano solista no grupo de cámara In Itinere, especializado nun repertorio que abrangue desde o Medievo ata o Barroco. Coa citada formación musical realizou varias xiras por Europa e América e grabou tres discos.

A súa traxectoria como solista inclúe colaboracións co Orfeón “Terra a Nosa”, a Capela da Catedral de Santiago, Madrigalia, o Collegium Compostellanum e o Coro de Cámara de La Coruña, entre outros.

Actualmente traballa como mestra especialista en Educación Musical. Desde a súa fundación en 1999 é soprano solista do trío “Capriccio Vocale”. Con esta formación presentouse no marco do “III ciclo de Novos Intérpretes” que organiza a Asociación Galega da Lírica “Teresa Berganza” de Santiago de Compostela (2001); na tempada de concertos promovida pola Asociación Musical “Amigos de los Clásicos” en Palencia (2003); no ciclo de concertos “El Clásico Ciclo... y tú” en Pamplona (2005); no Conservatorio de Música de Ferrol e mesmo en diversos concertos celebrados a beneficio de ADACECO (Asociación de Dano Cerebral da Coruña). Nos últimos anos participou en diversos concertos organizados pola Cultura e Comunicación da universidade coruñesa.



FERNANDO ENSEÑAT-BEREA, Barítono


Naceu na Coruña. Aos catorce anos comezou os seus estudos de canto coa soprano María Luisa Nache. Despois dunha longa paréntese, proseguiraos coa mezzosoprano coruñesa Conchita Fraga e, xa en Madrid, coa soprano Josefina Arregui.

Formou parte de diversas agrupacións corais galegas. Como solista interpretou música relixiosa nas catedrais de Mostar (Bosnia-Herzegovina), Estrasburgo e Valladolid, Igrexa da Natividade de Saverne (Francia), o Mosteiro de Poio, Los Jerónimos (Madrid), as Capelas Castrenses de Madrid, A Coruña e Estrasburgo, entre outras.

En 1998 realizou un curso de interpretación de lied co barítono alemán Roland Schuz en Berlín. En xullo de 1999, 2000 e 2005 participou nos VI,VII e XII Cursos Internacionais de Canto impartidos por Helena Lazarska en Santiago de Compostela; interveu nos Concertos de Alumnos no Teatro Principal, Salón Teatro e Auditorio da Universidade en Santiago de Compostela. Tamén ten colaborado como solista co Coro de Cámara de La Coruña.

Durante a súa recente estadía en Kosovo tivo a oportunidade de participar nun recital da soprano italiana Katia Ricciarelli, unha das intérpretes de ópera máis recoñecidas das tres últimas décadas, xunto a quen interpretou obras de Mozart, di Capua e A. Barrio.

Residiu durante dous anos en Estrasburgo, onde recibiu leccións e consellos do barítono Jean-Louis Weber. Actualmente continúa os seus estudos de canto en Madrid con Inés Rivadeneira.

Desde a súa fundación en 1999 é barítono solista do trío “Capriccio Vocale”.Con esta formación presentouse en cidades como Santiago de Compostela (2001), Palencia (2003), Pamplona (2005), Ferrol e A Coruña, onde participou en diversos concertos benéficos, e mesmo en diversos concertos organizados pola Vicerreitoría de Cultura e Comunicación da Universidade da Coruña.


JULIÁN JESÚS PÉREZ, Piano

Naceu na Coruña. É titulado en piano polo conservatorio desta cidade, licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, Diplomado en Dirección Coral pola Junta de Castilla y León e profesor de Música no ensino secundario. Compatibiliza a súa actividade docente no IES “E. Blanco Amor” de Culleredo con diversas actividades musicais.

Comezou os seus estudos musicais da man de María Moscoso. Por consello desta excelente profesora, de quen recibiu unha formación solfística e pianística durante máis de dez anos, ingresou no Conservatorio da Coruña. Máis tarde traballou durante un longo período de perfeccionamento na Coruña e en Madrid con Irina Moriatova (piano) e con Inés Rivadeneira (canto); nesta materia recibiu leccións de profesores como Andrea Gáll (Hungría), Andrew Carwood (director de The Cardinall´s Musik, Reino Unido), Marimí del Pozo e Ana Higueras (da Escola Superior de Canto de Madrid). En 2004 obtivo o Diploma de Estudos Avanzados na Facultade de Ciencias da Educación da universidade coruñesa. Actualmente remata a súa tese de doutoramento.

Realizou diversos cursos de Pedagoxía Musical, de Polifonía, de Canto e de Dirección Coral en España (Galicia, Castela, Aragón e Cataluña), Alemaña, Hungría, na República Checa e no Reino Unido, con profesores como Alberto Blancafort, Pascual Ortega, Javier Busto, Mireia Barrera e Martin Schmidt, entre outros. Así mesmo traballou repertorio coral con mestres da importancia de Jordi Casas, María Felicia Pérez, Christian Grube, Laszlo Heltay ou Peter Phillips (director do prestixioso grupo de música antiga The Tallis Scholars).

En 1991 recibiu o premio-bolsa “Rosa Sabater” do Curso Universitario Internacional de Música Española “Música en Compostela” na disciplina de Polifonía.

No ano 1988 fundou o Coro de Cámara Madrigalia. Con el actuou en importantes eventos como as “XXII Noches de la Ciudad Vieja”, o XXXVIII Festival de Ópera da Coruña coa ópera Così fan Tutte, de Mozart, e o V Encontro Ecuménico Europeo na Catedral de Santiago de Compostela. Foi subdirector do Coro Universitario de Santiago, unha entidade con que colaborou puntualmente como director na montaxe da ópera Il Barbiere di Siviglia, de Rossini. Anos máis tarde (1990) crea o Coro Universitario da Coruña, de que foi o seu titular entre 1990 e 1992 e de que retomou a dirección no curso 2004-2005. Desde a súa fundación en 1992 dirixe o Coro de Cámara da Coruña. Con esta formación actuou por toda Galicia, en diversas cidades de España e no estranxeiro: Escocia (1995), Polonia (1997 e 2002) e Ucraína (1997).

Publicou diversos artigos de investigación e divulgación musical nas revistas Música y Educación e Cavatina. Desde 1999 é pianista acompañante de Capriccio Vocale, xunto á soprano Olga Raíces e ao barítono Fernando Enseñat-Berea. Con esta formación ten actuado en diversas cidades de Galicia e do resto de España; o grupo gravou en setembro de 2007 o seu primeiro traballo discográfico. Na actualidade desempeña, ademais, o labor de coordenación da Aula de Música da Vicerreitoría de Cultura e Comunicación na Universidade da Coruña.


capricciovocale@hotmail.com

Teléfonos de contacto:
Julián Jesús Pérez Fernández: 678760572 / 981-298117
Enderezo:
Río de Monelos, 2-14 A
15006 - La Coruña

No hay comentarios: