viernes, 28 de septiembre de 2007

"CONCERTO DE NADAL UNIVERSIDADE DA CORUÑA"

CONCERTO DE NADAL UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Iglesia de la Venerable Orden Tercera
La Coruña, 20 de diciembre de 2004


Primera parte:

EDUARD TOLDRÀ (1895 - 1962): Cantarcillo

CRISTÓBAL HALFFTER (1930): Panxoliña

JOAQUÍN RODRIGO (1901 - 1999): Pastorcito Santo

ADELINO BARRIO : En un rincón del camino

JOAQUÍN RODRIGO (1901 - 1999): Duérmete, Niño

XAVIER MONTSALVATGE (1912 - 2002): Canción de Cuna para dormir a un negrito

MANUEL GARCÍA MORANTE (1937): El Cant dels Ocells (Tradicional catalana)

GABRIEL OLAIZOLA (1891 - 1973): Aurtxoa Seaskan


Segunda Parte:

TRADICIONAL DE INGLATERRA: The First Nowell

IRVING BERLIN (1888 - 1989): White Christmas

TRADICIONAL DE ALEMANIA: O Tannenbaum

JOHANNES BRAHMS (1833 - 1897) Wiegenlied (Canción de Cuna)

ARIEL RAMÍREZ (1921): El Nacimiento (de Navidad Nuestra)

ADOLPHE C. ADAM (1803 - 1856): Cantique de Noël

miércoles, 26 de septiembre de 2007

A CANCIÓN DE CONCERTO ESPAÑOLA E GALEGA e Notas ao Programa


“A CANCIÓN DE CONCERTO ESPAÑOLA E GALEGA"

II Ciclo de Concertos Didácticos - "A Música de Salón"
Aula de Música del Vicerrectorado de Extensión Universitaria y Comunicación
Universidade da Coruña

Auditorio del Conservatorio Superior de Música de La Coruña
18 de noviembre de 2006

Primera parte:

JOSÉ CASTRO "CHANÉ" (1856 - 1917): Os Teus Ollos
Texto: Manuel Curros Enríquez

XOÁN MONTES (1840 - 1899): Negra Sombra
Texto: Rosalía de Castro
JOSÉ BALDOMIR (1867 – 1847): Maio Longo
Texto: Rosalía de Castro

JOSÉ BALDOMIR (1867 – 1847): Meus Amores
Texto: Salvador Golpe

ANDRÉS GAOS BEREA (1874 –1959): Rosa de Abril
Texto: Rosalía de Castro

EDUARD TOLDRÀ (1895 – 1962): As froliñas d´os toxos
Texto: Antón Noriega Varela

A. GARCÍA ABRIL (1930): Coita
Texto: Álvaro de las Casas

Segunda Parte:

FEDERICO GARCÍA LORCA (1898 –1936): De Canciones Españolas Antiguas
Las Morillas de Jaén
Anda, Jaleo

EDUARD TOLDRÀ (1895 – 1962): De Seis Canciones
Cantarcillo
Madre, unos ojuelos vi
Textos: Lope de Vega

JOAQUÍN RODRIGO (1901 – 1999):

Canticel
Texto: José Carner (Adaptación poética de Gerardo Diego)

Fino Cristal
Texto: Carlos Rodríguez Pintos

Duérmete, Niño
Texto: Victoria Kamhi


NOTAS AO PROGRAMA

Por Julián Jesús Pérez Fernández

O trío “Capriccio Vocale” (soprano, barítono e piano) presenta neste concerto unha selección de fermosas melodías compostas ou arranxadas por algúns dos nosos mellores creadores no campo da canción de concerto. Entre os poetas, figuran nomes como Manuel Curros Enríquez, Rosalía de Castro ou Lope de Vega.

A primeira parte do concerto está dedicada ao repertorio composto sobre poemas en galego, ben por compositores autóctonos (Chané, Montes, Baldomir, Gaos) ben do resto do estado (Toldrá, García Abril). Do autor máis afastado no tempo, Xoán Montes, escollemos a balada galega Negra Sombra, escrita sobre un poema de Rosalía que ilustra metaforicamente a pena que a poeta levou sempre consigo, se cadra expresada xa no inicio da obra por unhas oitavas do piano en rexistro grave.

Avanzando no tempo, presentamos dous compositores da chamada "Belle Époque": por unha banda, José Castro “Chané” coa cantiga titulada Os teus ollos; por outra, José Baldomir con Maio longo e Meus amores. A sensual melodía de Chané, en que a voz poética creada por Curros se dirixe a unha rapaza e á súa ollada, apóiase nun acompañamento case vertical do piano en que destaca un contracanto nos versos finais de cada estrofa, e mesmo unha coda instrumental que fainos lembrar un tema de alborada. Baldomir escribe unhas melodías cheas de lirismo, que flúen con naturalidade. En Maio longo, estruturada sobre a forma ABA (tipo aria da capo), constrúe frases curtas e claras en que reflicte o intimismo do texto poético. Meus amores, en forma AB (binaria) é unha cantiga máis expresiva; guiada polo poema de Salvador Golpe, Baldomir presenta unha primeira sección expositiva: “a familia e a terra donde nacín” para pasar a unha segunda sección que contrasta coa primeira polo seu carácter case dramático; a voz poética fai unha invocación á morte se chegase o momento en que eses amores non lle respondesen: “que sin amor nin patria non sei vivir!”.

Chegamos ao pleno século XX con Gaos, Toldrá e García Abril. Andrés Gaos Berea é un músico galego de proxección universal. A súa versatilidade permitiulle destacar como violinista, compositor e pedagogo. Pasou boa parte da súa vida na Arxentina. Compuxo a xoia para piano titulada Rosa de Abril cando, xa moi ancián, sentiu a chamada da terra por última vez. Baseada no poema de Rosalía que comeza “Nasín cando as prantas nasen...”, Gaos foi quen de escribir unha breve peza en que a música parece feita para ser cantada aplicándolle ese texto. A peza é cativadora non só pola beleza da melodía, senón tamén por unha harmonía en que se deslizan certos cromatismos e saborosas disonancias que lle confiren interese.

O catalán Eduard Toldrà escribiu As froliñas dos toxos sobre un texto de Antón Noriega Varela. Neste caso, a liña vocal e a parte de piano fúndense nunha textura ás veces polifónica, ás veces de acompañamento harmónico na man dereita sobre un ostinato rítmico na man esquerda, mentres que a voz poética subliña a veneración que sinte polas flores do toxo: “¡Ou, d´o yermo preciado tesouro!”. Tamén o aragonés Antón García Abril utiliza a textura polifónica, neste caso na man dereita do piano e apoiada nos baixos da man esquerda. A melodía, de estrutura sinxela, distribúese en dúas partes: a primeira, en que se alternan catro estrofas diferentes, sufre certas variacións ao longo da obra; a segunda, a xeito de refrán, expón o desexo do poeta: “Mariñeiros, mariñeiros, levaime con vos ao mar.”

A segunda parte do concerto comeza con dúas pezas de orixe popular arranxadas para voz e piano polo poeta Federico García Lorca. A primeira delas, Las morillas de Jaén, está baseada nunha melodía popular do século XV. Baixo unha estrutura de zéjel, Lorca escribiu a súa versión en que alterna unha introdución do piano construída sobre a cadencia andaluza que reaparece ao xeito de ritornello entre a segunda e a terceira estrofa, e mesmo ao final da peza. A segunda, Anda, jaleo, sorprende pola súa combinación de ritmos (hemiolas), moi habitual no pau flamenco das bulerías. A melodía vocal estrutúrase en dúas partes: a segunda, iniciada co verso que lle dá título á canción, cumpre unha función de refrán, malia non diferir moito da primeira.

Máis unha vez, Eduard Toldrà ocupa a nosa atención, esta vez con dúas cancións compostas sobre textos de Lope de Vega. Moi diferentes entre si polo que respecta ao carácter e mesmo ao desenvolvemento da parte pianística, a titulada Cantarcillo amosa unha melodía tranquila, acompañada por harmonías longas e acordes arpexados en boa parte da peza; a voz poética podería ser a da Virxe María pedindo aos anxos que non fagan ruído para que o neno durma. A canción Madre, unos ojuelos vi está construída a partir dunha breve célula ou motivo rítmico que lle confire unidade. A parte de piano semella ter vida propia, xa que o autor utiliza nela diversas transformacións da célula inicial, e mesmo pasaxes arpexadas ascendentes que imprimen movemento á obra. Os puntos culminantes dela aparecen no verso “¡Ay, que me muero por ellos...!”, subliñado por un breve, aínda que intenso, acorde disonante que prepara a caída da frase: “y ellos se burlan de mí!”.

O concerto remata con tres pezas do valenciano Joaquín Rodrigo. A brevísima Canticel (cantarciño), titulada Trovadoresca en castelán, fai lembrar na súa escritura pianística o instrumento trobadoresco por excelencia, mencionado no texto: o laúde. Trátase dunha canción estruturada baixo a forma AA´A´´cunha introdución pianística que reaparece entre as diferentes estrofas a modo de ritornello. A melodía, de ámbito curto, é de carácter intimista, en consonancia co sentido do texto, que reflicte os anhelos de amor e liberdade do poeta. A canción titulada Fino Cristal chama a atención pola fraxilidade sonora que presenta a parte de piano en boa parte da peza. O texto destila un aroma impresionista que Rodrigo soubo plasmar na súa música. Compuxo unha melodía moi etérea na que utiliza sabiamente o tresillo de corcheas; desta maneira, o ritmo xeral da obra resulta menos ríxido. Tamén tivo en conta a cor sonora na frase “ligero, el viento negro corre detrás”, ao servirse de notas graves na voz e no piano. Para rematar, a panxoliña Duérmete, Niño é un dúo en que o diálogo vocal queda subliñado por un sinxelo acompañamento do piano. Tan só no punto culminante ("velan la luna, luna y estrellas”) na coda final as voces están superpostas. O neno dórmese co canto da nai, un canto que semella ao dun paxaro e que xa fóra exposto ao longo da peza en pequenas intervencións da man dereita do piano.

Sabemos que Rodrigo quedara sen vista a temperá idade; se cadra foi a falta deste sentido o que impregnou a súa música de referencias sensoriais que dan á súa obra un selo de autenticidade.

martes, 25 de septiembre de 2007

RECITAL de LÍRICA GALLEGA Y ZARZUELA

LÍRICA GALLEGA Y ZARZUELA

Auditorio de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
22 de septiembre de 2007


Primera parte:

JOSÉ CASTRO "CHANÉ”: Os Teus Ollos
Texto: Manuel Curros Enríquez

XOÁN MONTES: Negra Sombra
Texto: Rosalía de Castro

JOSÉ BALDOMIR: Maio Longo
Texto: Rosalía de Castro

JOSÉ BALDOMIR: Meus Amores
Texto: Salvador Golpe

ANDRÉS GAOS BEREA: Rosa de Abril
Texto: Rosalía de Castro

EDUARD TOLDRÀ: As Froliñas d´os Toxos
Texto: Antón Noriega Varela

ANTÓN GARCÍA ABRIL: Coita
Texto: Álvaro de las Casas



Segunda Parte:


PABLO SOROZÁBAL: La del Manojo de Rosas
“¡Qué tiempos aquellos...!” (dúo soprano y barítono)

JOSÉ SERRANO: El Carro del Sol
“ Pensando en el que la quiere” (romanza soprano)

PABLO SOROZÁBAL: Don Manolito
“ Dile ...” (romanza barítono)

PABLO LUNA: Molinos de Viento
“Yo he pasado la vida en un sueño ” (dúo soprano y barítono)

JOSÉ SERRANO: La Dolorosa
“Me da mucho que pensar...” (romanza barítono)

JOSÉ SERRANO: La Canción del Olvido
“Marinela” (romanza soprano)

FRANZ LÉHAR: La Viuda Alegre
“Dulce sueño ...” (vals- dúo soprano y barítono)

PROGRAMA de LÍRICA GALLEGA

“A CANCIÓN GALEGA DE CONCERTO”

Congreso "Pascual Veiga e a súa época"
Escola de Altos Estudos Musicais
Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2007

Primeira Parte:

J. CASTRO "CHANÉ" (1856-1917): Os Teus Ollos
Texto: Manuel Curros Enríquez

MARCIAL del ADALID (1826-1881): Soedades
Texto: Tradicional

CANUTO BEREA (1836-1891): Un sospiro
Texto: Manuel Martínez González

XOÁN MONTES (1840-1899): Das Seis Baladas Galegas
Doce Sono (Texto: Rosalía de Castro)
Lonxe d´a Terriña (Texto: Aureliano José Pereira)
As lixeiras anduriñas (Texto: Salvador Golpe)
Negra Sombra (Texto: Rosalía de Castro)


Segunda Parte:

J. BALDOMIR (1867 – 1847):
Maio Longo (Texto: Rosalía de Castro)
Meus Amores (Texto: Salvador Golpe)

ANDRÉS GAOS BEREA (1874 - 1959): Rosa de Abril
Texto: Rosalía de Castro

EDUARD TOLDRÁ (1895 - 1962): As froliñas d´os toxos
Texto: Antón Noriega Varela

ANTÓN GARCÍA ABRIL (1930): Coita
Texto: Álvaro de las Casas

TRAYECTORIA Y CURRICULA (Gallego)

CAPRICCIO VOCALE


O trío Capriccio Vocale xurde en 1999 como consecuencia da amizade entre os seus compoñentes. A casualidade levounos a un reencontro despois de varios anos de desenvolvemento musical por separado. Está integrado por Olga Raíces (soprano), Fernando Enseñat-Berea (barítono) e Julián Jesús Pérez (piano).
O seu repertorio é diverso. Teñen interpretado programas de Lírica Galega, Canción Española de Concerto, Zarzuela e Cancións de Nadal. Como mostra da súa actividade, citamos os conciertos ofrecidos ata o momento:

“Os nosos poetas, a nosa música”.- Lírica Galega (La Coruña, 1 de abril de 2000), xunto ao Coro de Cámara de La Coruña

“Concerto de Nadal”.- (La Coruña, decembro de 2000), xunto ao Coro de Cámara de La Coruña

“Misa de Nadal”.- (La Coruña, 25 de decembro de 2000, 2001 y 2002). Parroquia Castrense de San Andrés

“Semana Jurídica Portuguesa”.- (Santiago de Compostela, 20 de abril de 2001) en el Pazo de Fonseca

“III Ciclo de Novos Intérpretes”.- (Santiago de Compostela, 14 de maio de 2001). Asociación Galega da Lírica “Teresa Berganza”

“Música Clásica de Outono”.- (Culleredo, 18 de outubro de 2001). Ciclo de Concertos organizado polo Concello de Culleredo

Recitais a beneficio de ADACECO - Asoc. de Dano Cerebral de La Coruña.- (La Coruña, 2002, 2003 y 2005)

“Ciclo de Música no Nadal”.- (La Coruña, Betanzos e Santiago de Compostela, Decembro de 2002). Colaboración na celebración do X Aniversario do Coro de Cámara de La Coruña, co apoio da Excma. Deputación Provincial

“Os Músicos Coruñeses cos damnificados pola Marea Negra”.- Colaboración no Concerto-Maratón organizado pola Asociación Galega de Compositores (La Coruña, 15 de febreiro de 2003)

“Concerto de Nadal”.- (Palencia, 27 de decembro de 2003). Asociación Musical “Amigos de los Clásicos”

“Concerto de Nadal 2004-2005”.- (La Coruña, 17 de decembro de 2004). Universidade da Coruña

“Recital de Canto”.- (Ortigueira, 8 de outubro de 2005). Concello de Ortigueira e Excma. Deputación da Coruña.

“Clásico Ciclo... y tú”.- (Pamplona, 27 de outubro de 2005) Concerto- Intercambio entre Asociacións de Navarra e Galicia (Ferrol, 19 de novembro de 2005). ASGAIM - Asociación Galega de Intérpretes de Música Clásica – baixo o apoio do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais)

“A Música de Salón”- II Ciclo de Concertos Didácticos da Universidade da Coruña.- (La Coruña, 18 de novembro de 2006). Universidade da Coruña

Concerto de clausura do Seminario “Pascual Veiga e a sua época” (Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2007). Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia

Concerto “X Aniversario Mando de Doctrina del Ejército de Tierra” (Granada, 23 de marzo de 2007). Palacio de Exposiciones y Congresos de Granada
Recital de Canto: "Lírica Galega e Zarzuela" (Vilagarcía de Arousa, 22 de setembro de 2007). Auditorio de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Rede Galega de Teatros e Auditorios e Concello de Vilagarcía de Arousa, baixo o apoio do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais)


LA PRENSA HA DICHO:
“UNA AMISTAD A TRES QUE ARRANCA APLAUSOS”

“Ayer lograron arrancar grandes aplausos del público reunido en una convocatoria más de la programación de la Rede Galega de Teatros e Auditorios. (...) Ayer demostraron en Vilagarcía que la combinación de sus artes tiene como resultado un gran espectáculo musical.”

L. B., Diario de Arousa, 23 de Septembro de 2007

“Los artistas mostraron su calidad interpretativa y se expresaron buscando suaves matices mediante la expresión y la regulación del volumen. El público aplaudió cada una de las obras y de manera especial al finalizar el concierto. (...) Es preciso reconocer – y el público así lo corroboró con su entusiasmo – que en este repertorio (Zarzuela) los tres intérpretes estuvieron particularmente acertados.”
Julio Andrade Malde, La Opinión, 20 de Novembro de 2006


“Capriccio Vocale” é unha expresión de amizade compartida, e mesmo o pracer de facer Música xuntos. Na actualidade traballa na renovación do seu repertorio.

OLGA RAÍCES, Soprano

Naceu en Caracas, Venezuela. Ós once anos de idade a súa familia regresa a Galicia e fixa a súa residencia en Santiago de Compostela. Nesta cidade iniciará a súa andaina musical no Conservatorio estudando canto e solfexo, e mesmo participará en agrupacións corais nas que pouco a pouco destacará e será reclamada para exercer papeis de solista.

Nun ansia de perfeccionar a súa técnica vocal, recibiu clases en Madrid das profesoras Ana Fernaud, Marimí del Pozo, Teresa Tourné e Inés Rivadeneira; tamén asistiu ós cursos de canto impartidos por Helena Lazarska en Santiago de Compostela.

En 1993 foi invitada a formar parte como soprano solista no grupo de cámara In Itinere, especializado nun repertorio que abrangue desde o Medievo ata o Barroco. Coa citada formación musical realizou varias xiras por Europa e América e grabou tres discos.

A súa traxectoria como solista inclúe colaboracións co Orfeón “Terra a Nosa”, a Capela da Catedral de Santiago, Madrigalia, o Collegium Compostellanum e o Coro de Cámara de La Coruña, entre outros.

Actualmente traballa como mestra especialista en Educación Musical. Desde a súa fundación en 1999 é soprano solista do trío “Capriccio Vocale”. Con esta formación presentouse no marco do “III ciclo de Novos Intérpretes” que organiza a Asociación Galega da Lírica “Teresa Berganza” de Santiago de Compostela (2001); na tempada de concertos promovida pola Asociación Musical “Amigos de los Clásicos” en Palencia (2003); no ciclo de concertos “El Clásico Ciclo... y tú” en Pamplona (2005); no Conservatorio de Música de Ferrol e mesmo en diversos concertos celebrados a beneficio de ADACECO (Asociación de Dano Cerebral da Coruña). Nos últimos anos participou en diversos concertos organizados pola Cultura e Comunicación da universidade coruñesa.



FERNANDO ENSEÑAT-BEREA, Barítono


Naceu na Coruña. Aos catorce anos comezou os seus estudos de canto coa soprano María Luisa Nache. Despois dunha longa paréntese, proseguiraos coa mezzosoprano coruñesa Conchita Fraga e, xa en Madrid, coa soprano Josefina Arregui.

Formou parte de diversas agrupacións corais galegas. Como solista interpretou música relixiosa nas catedrais de Mostar (Bosnia-Herzegovina), Estrasburgo e Valladolid, Igrexa da Natividade de Saverne (Francia), o Mosteiro de Poio, Los Jerónimos (Madrid), as Capelas Castrenses de Madrid, A Coruña e Estrasburgo, entre outras.

En 1998 realizou un curso de interpretación de lied co barítono alemán Roland Schuz en Berlín. En xullo de 1999, 2000 e 2005 participou nos VI,VII e XII Cursos Internacionais de Canto impartidos por Helena Lazarska en Santiago de Compostela; interveu nos Concertos de Alumnos no Teatro Principal, Salón Teatro e Auditorio da Universidade en Santiago de Compostela. Tamén ten colaborado como solista co Coro de Cámara de La Coruña.

Durante a súa recente estadía en Kosovo tivo a oportunidade de participar nun recital da soprano italiana Katia Ricciarelli, unha das intérpretes de ópera máis recoñecidas das tres últimas décadas, xunto a quen interpretou obras de Mozart, di Capua e A. Barrio.

Residiu durante dous anos en Estrasburgo, onde recibiu leccións e consellos do barítono Jean-Louis Weber. Actualmente continúa os seus estudos de canto en Madrid con Inés Rivadeneira.

Desde a súa fundación en 1999 é barítono solista do trío “Capriccio Vocale”.Con esta formación presentouse en cidades como Santiago de Compostela (2001), Palencia (2003), Pamplona (2005), Ferrol e A Coruña, onde participou en diversos concertos benéficos, e mesmo en diversos concertos organizados pola Vicerreitoría de Cultura e Comunicación da Universidade da Coruña.


JULIÁN JESÚS PÉREZ, Piano

Naceu na Coruña. É titulado en piano polo conservatorio desta cidade, licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela, Diplomado en Dirección Coral pola Junta de Castilla y León e profesor de Música no ensino secundario. Compatibiliza a súa actividade docente no IES “E. Blanco Amor” de Culleredo con diversas actividades musicais.

Comezou os seus estudos musicais da man de María Moscoso. Por consello desta excelente profesora, de quen recibiu unha formación solfística e pianística durante máis de dez anos, ingresou no Conservatorio da Coruña. Máis tarde traballou durante un longo período de perfeccionamento na Coruña e en Madrid con Irina Moriatova (piano) e con Inés Rivadeneira (canto); nesta materia recibiu leccións de profesores como Andrea Gáll (Hungría), Andrew Carwood (director de The Cardinall´s Musik, Reino Unido), Marimí del Pozo e Ana Higueras (da Escola Superior de Canto de Madrid). En 2004 obtivo o Diploma de Estudos Avanzados na Facultade de Ciencias da Educación da universidade coruñesa. Actualmente remata a súa tese de doutoramento.

Realizou diversos cursos de Pedagoxía Musical, de Polifonía, de Canto e de Dirección Coral en España (Galicia, Castela, Aragón e Cataluña), Alemaña, Hungría, na República Checa e no Reino Unido, con profesores como Alberto Blancafort, Pascual Ortega, Javier Busto, Mireia Barrera e Martin Schmidt, entre outros. Así mesmo traballou repertorio coral con mestres da importancia de Jordi Casas, María Felicia Pérez, Christian Grube, Laszlo Heltay ou Peter Phillips (director do prestixioso grupo de música antiga The Tallis Scholars).

En 1991 recibiu o premio-bolsa “Rosa Sabater” do Curso Universitario Internacional de Música Española “Música en Compostela” na disciplina de Polifonía.

No ano 1988 fundou o Coro de Cámara Madrigalia. Con el actuou en importantes eventos como as “XXII Noches de la Ciudad Vieja”, o XXXVIII Festival de Ópera da Coruña coa ópera Così fan Tutte, de Mozart, e o V Encontro Ecuménico Europeo na Catedral de Santiago de Compostela. Foi subdirector do Coro Universitario de Santiago, unha entidade con que colaborou puntualmente como director na montaxe da ópera Il Barbiere di Siviglia, de Rossini. Anos máis tarde (1990) crea o Coro Universitario da Coruña, de que foi o seu titular entre 1990 e 1992 e de que retomou a dirección no curso 2004-2005. Desde a súa fundación en 1992 dirixe o Coro de Cámara da Coruña. Con esta formación actuou por toda Galicia, en diversas cidades de España e no estranxeiro: Escocia (1995), Polonia (1997 e 2002) e Ucraína (1997).

Publicou diversos artigos de investigación e divulgación musical nas revistas Música y Educación e Cavatina. Desde 1999 é pianista acompañante de Capriccio Vocale, xunto á soprano Olga Raíces e ao barítono Fernando Enseñat-Berea. Con esta formación ten actuado en diversas cidades de Galicia e do resto de España; o grupo gravou en setembro de 2007 o seu primeiro traballo discográfico. Na actualidade desempeña, ademais, o labor de coordenación da Aula de Música da Vicerreitoría de Cultura e Comunicación na Universidade da Coruña.


capricciovocale@hotmail.com

Teléfonos de contacto:
Julián Jesús Pérez Fernández: 678760572 / 981-298117
Enderezo:
Río de Monelos, 2-14 A
15006 - La Coruña